A entrevista
Independentemente do tipo de entrevista, existen unha serie de pasos comúns a todas elas:
- Primeira avaluación: O desenvolvemento da mesma incluirá seguramente unha primeira avaluación dos teus coñecementos, comprobando o teu itinerario académico, o porqué da túa elección, así como o grao de satisfacción acadado e os teus proxectos de estudio futuros, de habelos.
- Traxectoria profesional: Seguidamente abordaránse as cuestións relacionadas coa túa traxectoria profesional ata o momento, as prácticas que poideras realizar, os contratos que poideras ter, as funcións que desempeñaches, etc. Trata de falar sobre resultados específicos en lugar de limitarte a describir as túas experiencias laborais.
- Motivación: Ademáis, durante a entrevista o/os interlocutor/es da empresa tratarán de pronosticar o teu rendemento potencial na mesma, valorando o grao de motivación. En ocasións, unha boa motivación pode subsanar deficiencias de formación ou experiencia.
- Autoavaliación: Por último, para pechar a entrevista, seguramente te pidan realizar unha autoavaliación, para que reflexiones sobre os teus puntos fortes e febles, coa intención de establecer o teu grao de coñecemento e satisfacción personal, a sinceridade, nivel de seguridade e de confianza en ti mesmo.
É importante que acudas á entrevista coas ideas claras sobre os teus obxectivos profesionais, de xeito que saibas explicar os fundamentos da túa elección, por qué escolleches solicitar un posto nesa empresa e non noutra, por qué queres desenvolver a túa carreira nunha pyme ou nunha gran empresa, ou por exemplo, por qué formándote como avogado, queres dedicarte á empresa e non ó exercicio libre da profesión.
As empresas valorarán moito o feito de que vaias informado sobre
|