As empresas de traballo temporal convertironse nunha opción máis sobre todo pra os máis novos. Un recente estudio de usuarios de ETT revela que o perfil do traballador contratado por ETT é o dun home, xove, solteiro y e empregado no sector industrial. Por grupos de idades, a maioría correspóndese, cun 35%, ó grupo comprendido entre os 21-25 anos, seguido cun 32% os que teñen entre 26-30 años e un 22% entre 31-40 anos.
Por sector de actividade, o industrial acapara o 51% dos contratados, seguido polo administrativo cun 23%, o comercial cun 15%, o de hostelería 6% e o informático un 5%. No sector administrativo o perfil máis demandado é o de muller, solteira e de 29 anos; no de hostelería tamén predomina a contratación de mulleres, solteiras e duns 30 anos, tamén no sector comercial destaca a posición das mulleres solteiras duns 27 anos.
Asimesmo, é interesante resaltar que de cada 100 traballadores contratados por unha ETT, ao menos 30 pasan a formar parte da plantilla da empresa usuaria á volta dun ano.
|