|
Servizos
e tarifas
Alta de balde e sen compromiso. Se desexa probar os nosos servizos solicítenos información. Resolva calquera dúbida no tfno. 902 200 500 /// informacion@galiciaempleo.net Estamos para axudarlle!!!
Somos especialistas en recrutamentos masivos ou de distintos perfiles. Pida presuposto sen compromiso. Tfno. 902.200.500 // informacion@galiciaempleo.net
|
-
- ¡Aforre tempo e diñeiro! Encontre os candidatos máis axeitados para os seus procesos de selección de forma sinxela, rápida, cómoda e eficaz:
- Publique a súa oferta en 3 minutos.
- Tódolos candidatos co perfil profesional requirido na oferta recibirán unha mensaxe de aviso.
- Recibirá CVs dende o momento da súa alta.
- A súa oferta estará publicada e recibirá CVs durante 60 días.
- Xestione os seus procesos e efectúe as modificacións que desexe realizar dende o seu propio ordenador 24 h ó día, 7 días á semana.
- Consulte co noso departamento de Garantía do Servicio calquera dúbida respecto ó proceso de introducir o perfil co fin de recrutar os mellores candidatos, sen custe adicional algún.
- Garantía do servicio
-
Paralelamente á alta da oferta e ó envío da mensaxe de aviso os candidatos que cumpren co perfil profesional, actívase a garantía do servicio.
-
Contactamos persoalmente con todos aqueles Centros de Ensino Regrado, Academias, Universidades, Asociacións e Colexios profesionais, Institucións (Concellos, Centros de información socio-laboral), Patronatos, Fundacións, etc., que contan con bolsas de traballo adecuadas ó perfil requirido.
-
Cada día máis centros forman parte da nosa Rede de Centros de Emprego colaboradores o que nos permite unha maior cobertura das ofertas publicadas.
-
Visualízanse a continuación das ofertas destacadas e por estricto orden cronolóxico, o que permite a súa rápida localización polos candidatos, os cales tamén pódenas localizar a través do buscador.
-
Durante os 60 días de vixencia, semanalmente, a data da oferta é actualizada automaticamente co fin de rotar ós primeiros postos tódalas ofertas activas.
- Tarifas:
- Unha oferta....................58,00 € + IVA.
- Tres ofertas..................147,00 € + IVA.
- Dez ofertas...................357,00 € + IVA.
- Tarifa Plana anual (agasallo de dúas ofertas destacadas)...................158,00 € / mes + IVA.
-
Consulte vía e-mail o no teléfono 902 200 500 as nosas promocións especiais.
-
Aparecen na zona máis visible da páxina principal e sempre nos primeiros lugares das buscas específicas realizadas polos candidatos, independentemente da data de publicación.
-
Esta situación privilexiada convérteas nas ofertas con maior difusión e eficacia entre os candidatos, traducíndose na recepción de máis e mellores candidaturas.
- Tarifas:
- Unha oferta destacada.................... 74,00 € + IVA
- Dúas ofertas destacadas.................. 126,00 € + IVA
- Máis de catro ofertas destacadas......... 53,00 € + IVA cada Oferta
-
- Mediante uns sinxelos formularios que nos poden remitir vía e-mail o vía fax, xestionámoslles o alta da súa empresa no noso sistema e axudámoslles a inseri-las súas ofertas e a xestionar os Curriculums inscritos nas mesmas.
-
Unha vez recibido o formulario debidamente cumprimentado procederemos a dares de alta a súa empresa no noso portal de emprego e formación, o que lle permitirá accede-lo seu menú privado no momento que precise consultar as súas ofertas.
-
Tarifas: Servicio gratuíto.
-
Descargar Formulario.
-
Persoal cualificado e con experiencia dabondo do noso departamento de Garantía do Servizo activaralle as súas ofertas asesorándolle en cantas dúbidas poda ter acerca de cómo deseñares o perfil co fin de obte-las mellores candidaturas para as súas ofertas. Ademais, ofrecémoslle a posibilidade de informarlle, vía email ou telefonicamente acerca do número de candidatos inscritos coa periodicidade que precise.
-
Tarifas: 63,00 € + IVA / Oferta
-
Descargar Formulario.
-
- Consulte sen compromiso a nosa base de datos e localice os candidatos que mellor se adaptan a súas necesidades. Para isto pode utiliza-lo noso potente motor de busca para filtra-los CVs polos seguintes criterios:
-
·Idade |
·Formación adquirida |
·Permiso de conducir |
·Perfil profesional |
·Provincia |
·Vehículo propio |
·Anos de experiencia |
·Salario e xornada desexados |
·Situación Laboral |
- ...e incluso por calquera texto sobre todo o CV.
-
Tarifas:
-
- 10 datos de contacto 53,00 € + IVA.
- 20 datos de contacto 90,00 € + IVA.
- 50 datos de contacto 158,00 € + IVA.
-
Visualice os CVs seleccionados e decida cales lle interesan. Vostede só pagará cando encontre o CV dos candidatos que realmente están buscando, nese momento se lle mostrarán os datos persoais do candidato para que se poda poñer en contacto con el.
-
- Poñemos a súa disposición un amplo equipo de profesionais con ampla experiencia. Envíeno-lo perfil do posto o postos que desexa cubrir e xestionámoslle o seu recrutamento.
-
Publicaremos cantas ofertas sexan necesarias identificando ou non a súa empresa segundo as súas necesidades.
-
Busca de CVs, na nosa Base de Datos que cumpran co perfil requirido, poñéndonos en contacto cos candidatos preseleccionados para coñece-la súa dispoñibilidade.
-
Captación e recrutamento activo noutras Bolsas de Emprego.
-
Contacto coa base de datos de Prescriptores de Emprego. Actualmente, contamos con máis de 600 Centros de Emprego que colaboran habitualmente connosco.
-
Proceso de recrutamento masivo: recepción de CV e preselección dos mesmos.
-
Tarifas:
-
- A partir de 189 € + IVA.
- Dependerá tanto das características do perfil como do número de postos a cubrir.
-
¡Solicite presuposto sen compromiso algún! Aquí.
-
- Reforce o lanzamento e divulgación dos seus cursos de formación mediante a sua promoción no noso portal de emprego e formación. Unha forma rápida e sinxela de chegares a milleiros de persoas.
-
Publicación de información na páxina principal do portal acerca das accións formativas xenerais ou cursos concretos.
-
Logo na páxina principal con enlace a súa páxina web.
-
Centro recomendado na sección formación do portal. Inserción ilimitada de cursos na sección formación, coa posibilidade de recibires alertas cada vez que un candidato solicite información.
-
Inserción e difusión gratuíta de todas aquelas noticias corporativas que puideran xenerar a súa compañía da contratación acordada.
-
Descontos especiais no uso doutros servicios do portal (ofertas de emprego, busca de candidatos, ...)
-
Tarifas:
-
- Promoción de 1 a 5 accións formativas
durante un prazo máximo de 45 días..................147 € + IVA.
- Promoción de 6 a 10 accións formativas
durante un prazo máximo de 45 días.................210 € + IVA.
- Tarifa plana durante un ano
(10 accións activas)...............................147 € + IVA / MES.
-
- ¡Unha imaxe vale máis que mil palabras! Coloque o logo da súa empresa diante de miles de potenciais candidatos e beneficie a súa imaxe conseguindo solicitudes dos candidatos máis cualificados. Dé a coñecer a actividade da súa empresa, os seus productos e os seus logros o mesmo tempo que consigue máis e mellores candidaturas.
-
Logo en ficha de empresa
-
- Acompañe á descrición da súa oferta de emprego e da actividade da súa empresa coa súa imaxe corporativa cada vez que un candidato visualice as súas ofertas. Tarifas: SERVICIO GRATUÍTO.
-
Logo en páxina principal
-
- Coloque o seu logo na páxina principal de GaliciaEmpleo.net con enlace directo nas súas ofertas publicadas. A súa empresa aparecerá na primeira páxina, no mellor escaparate posible!! Tarifas: 158 € /MES previa admisión de solicitude.
-
Patrocinio de sección
-
- A imaxe da súa empresa/institución será a única que apareza nesta sección, co valor engadido de incluír xunto a súa imaxe un breve texto explicativo e un arquivo a disposición dos usuarios e un enlace a súa páxina WEB. Tarifas: 263 € / MES previa admisión de solicitude.
-
- Como especialistas en Busca de Emprego, Xestión de Ofertas e Recrutamento a través de Internet, impartimos formación tanto para Empresas “Optimización dos portais de emprego: deseño de perfiles profesionais e xestión de ofertas on-line” como para Candidatos “Técnicas de Busca de Emprego. A Busca de Emprego a través de Internet”.
« Volver á páxina
principal
|