Somos unha empresa especializada na intermediación laboral entre demandantes de emprego e empresas a través de Internet; unha ferramenta de mellora profesional que permite poñer en contacto de xeito rápido, cómodo e eficaz ós mellores profesionais coas ofertas de emprego das principais empresas que operan na nosa Comunidade.
A vantaxe manifesta do noso servicio é a comunicación en tempo real entre ofertante e demandante de emprego: cando os candidatos se inscriben nunha oferta, a empresa que a publicou recibe directamente no seu ordenador os curriculum e pode clasifica-los polos criterios que desexe (idade, provincia, experiencia, formación, etc.). Asimesmo, o candidato recibe en tempo real a situación da súa candidatura no proceso de selección cando a empresa o clasifica como preseleccionado ou descartado.
O pasado 7 de maio de 2004, dia da nosa presentacion ante os medios de comunicación na Confederación de Empresarios de A Coruña, iniciouse o camiño cara ó compromiso de nos converter no referente do emprego en Galicia e dar resposta ás necesidades do mercado laboral galego:
Quen oferta traballo e onde o fai.
Quen busca traballo e onde o fai.
De hoxe en diante, en Galicia… Galiciaempleo.net
|
|
D. Antonio Fontenla Ramil
Presidente Confederación de Empresarios de A Coruña
“Unha iniciativa emprendedora de capital netamente galego que aspira a se-lo marco integrador de toda a información xerada polo mercado laboral e as diferentes iniciativas públicas e privadas encamiñadas a favorece-lo emprego e a formación” |
 |
|
D. Arturo Saucedo
Director de Galiciaempleo.net
“Somos un portal galego especializado en dar resposta ás necesidades dos traballadores e empresas que operan en Galicia” |
 |
|
D. Isidro Fernández de la Calle
Xerente Marketing Empresas de R
"Compartimo-la filosofia deste proxecto realizado dende Galicia e para Galicia. Fan falla máis iniciativas coma esta na Comunidade" |
|
|
|